RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo ve ao club "nun gran momento en conxunto, sentindo moito o que nos estamos xogando"

Antonio Hidalgo, con moitísimas temporadas ás súas costas en Segunda División como xogador e como adestrador, manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que nesta recta final do campionato "todo vai estar moi igualado. As nosas emocións teñen que ir en función de como sentimos non do que vai pasando ao redor porque isto é moi cambiante".

Explica que LaLiga Hypermotion "está formada por grandes equipos. No mundo do fútbol cada vez hai menos distancia entre xogadores da mesma categoría. As formulacións dos adestradores fai que todo se iguale moito máis".

Insiste en "seguir empuxando para seguir neses postos altos da clasificación. Temos que seguir pelexando para estar entre os 6 primeiros. Isto é unha carreira de longo percorrido e aos poucos con esa tranquilidade, asumindo a dificultade, a igualdade".

O técnico deportivista avoga por "non perder esa humildade do difícil e do bo que está a facer o equipo até este momento".

De feito, vaticina que "imos chegar até o final loitando por estar entre os 6 primeiros, loitando por todo para poder igualar a calquera equipo, que sexa cal for a súa posición vainos a pór as cousas moi complicadas".

Do Sporting de Gijón, rival este sábado 28 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e Cayo TV) no Estadio de El Molinón Enrique Castro Quini, afirma que "hai un grupo de xogadores que levan moitísimo tempo xogando xuntos como Otero, Dubasin, Corredera, Gelabert... enténdense ben, teñen os automatismos colleitos. É un equipo ben traballado, que che vai a pór en constante ameaza sobre todo ao espazo".

Pide "igualar esa intensidade, non deixarnos nada nunca en ningunha volta, en ningún esforzo, ser solidarios. Temos que ir aprendendo do que nos vai pasando nos partidos e os últimos minutos do outro día non foron o suficientemente axustados para ter esa tranquilidade no resultado".

Ve un Sporting "con moito potencial, cun cadro que se fixo para estar nos postos altos. E vano a pelexar até o final".

Ante outro desprazamento masivo de #ANOSAFORZA, con máis de 600 deportivistas nas bancadas, Antonio Hidalgo cre que o Dépor "está nun gran momento en conxunto, sentindo moito o que nos estamos xogando" e expresa o seu desexo de "volver darlles unha vitoria".

Finalmente, cualifica como "clave" o aspecto mental nesta recta final: "No vaivén de emocións saber bailar con elas, conxugalas, sentilas, aceptalas e crer moito no equipo, nos xogadores".

Precisamente conclúe que "os futbolistas deron ese paso adiante que necesitamos".