Álvaro Ferllo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "fisicamente estamos como avións e até o minuto 95 seguimos apertando".
Ademais, recalca que "temos a convicción de que podemos gañar os partidos até o último segundo. Os xogadores que están a entrar desde o banco están a achegarnos moitísimo e iso é importante. Este cúmulo de cousas fai que o equipo estea vivo até o final".
Advirte que "queda moito aínda, 33 puntos. Nin ascendemos nin imos ascender a xornada que vén nin dentro de 6. Seguramente cheguemos até a última xornada con opcións porque vai estar todo moi parello".
O porteiro deportivista está agradecido da presenza do deportivismo este sábado 28 de marzo ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e Cayo TV) horas ante o Sporting de Gijón "nun estadio tan potente, co seu público. Vernos arroupados por tantos deportivistas vai ser fundamental porque imos a un dos estadios máis complicados de Segunda División".
Insiste nesta recta final, nos últimos 11 partidos de LaLiga Hypermotion, en "ser un equipo moi sólido, en encaixar o menos posible. Aí é verdade que temos que mellorar. Nos últimos partidos non fixemos todas as porterías a cero que nos gustou. E para conseguir o obxectivo é vital".
Por contra ve "moi ben" ao Dépor na faceta goleadora; e finalmente neste último tramo subliña a importancia de "facernos moi fortes en ABANCA-RIAZOR. Son 11 partidos que quedan, 6 en casa e 5 fóra. Somos o equipo visitante que mellores números ten pero en ABANCA-RIAZOR eses 6 partidos témolos que sacar adiante".
Conclúe en "seguir na dinámica que estamos, que estamos a facer moitas cousas ben; e esas pequenas cousas con marxe de mellora arranxalas ou tentar melloralas".
A nivel persoal asegura que no Dépor "estou a atoparme moi ben. Desde que cheguei tiven a oportunidade de xogar. Son xa 12 partidos co equipo e as sensacións están a ser moi boas".
Apunta que "os resultados nos están acompañando e cando o colectivo vai ben, no individual tamén".
Iso si, admite que "me gustaría chegar menos goles encaixados dos que levo. Son moi esixente comigo mesmo e que non encaixemos é bo para o equipo pero adapteime moi ben. Sinto moi importante dentro do grupo, do Club. ANOSAFORZA está a tratarme de marabilla. De momento está a ser todo marabilloso".
