RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo cre que a súa renovación supón "seguir contento, na miña casa, tentando sacar rendemento aos rapaces"

Manuel Pablo desvelou sobre a súa recente renovación polo Fabril até 2028 que "empezamos a falar en decembro, xaneiro. Nese sentido estiven sempre tranquilo e centrándome en tentar facer as cousas ben. Foi un paso normal. Non me sorprendeu".

Esta continuidade supón para o adestrador canario e lenda do RC Deportivo "seguir contento, na miña casa, tentando sacar rendemento aos rapaces. Todo cousas positivas. Estiven moi tranquilo porque sempre houbo boa sintonía co club. Estaba centrado no que temos entre mans. Non me desesperaba".

Do Atlético Astorga FC, rival este domingo 29 de marzo ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias, advirte que "dos últimos 8 partidos gañou 6 e empatou 1. É dos que máis puntuacións ten xunto connosco. Vai ser un equipo difícil, que se xunta ben. E en ataque, sen ter un xogo vistoso, saca moito rendemento ás súas oportunidades".

Recalca que o conxunto leonés "vainos a esixir paciencia porque repliega ben, xúntanse moito. É verdade que teñen baixas e nós buscar a maneira de facerlles dano, non desesperarnos se nos atopamos un bloque moi baixo contra eles, e buscar as alternativas ás nosas baixas (Noé, Nájera, Garrido, Manu Ferreiro, Pablo Cortés e Vilela)".