RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo alerta do CD Lealtad: "Cada equipo tenta pelexar até a última xornada"

Manuel Pablo afirmou este venres 20 de marzo na sala de prensa do Dépor Training Center que pretende este domingo 22 de marzo ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) ante o CD Lealtad de Villaviciosa, "non rebaixar a tensión que tiñamos a semana pasada sabendo do rival (a Gimnástica Segoviana CF), do que supuña sacar algo positivo de alí (La Albuera)".

Quere o técnico fabrilista, co equipo á fronte da clasificación, "seguir nesta mesma liña".

Advirte que o CD Lealtad "hai 2 semanas gañou á Segoviana e tamén ao Oviedo Vetusta. E nós non puidemos gañar alí".

Finalmente, Manuel Pablo lembra que a estas alturas da temporada "cada equipo aínda ten posibilidades de xogarse algo: a salvación, o play off... Estas ligas son curtas e moi igualadas. Cada equipo tenta pelexar até a última xornada".