RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA desprázase este domingo 22 a Granada, vía Sevilla, para o choque do luns 23 ás 19:30 na Cidade Deportiva nazarí

O Dépor ABANCA desprázase este domingo 22 de marzo a Granada para visitar o luns 23 ás 19:30 ao conxunto nazarí, en partido retransmitido en directo por Dazn, Teledeporte e RTVE Play.

Antes de subirse ao autocar, Fran Alonso dirixirá unha última sesión de traballo no Dépor Training Center.

O regreso das Nosas será o martes 24 directas a adestrar no Dépor Training Center.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Domingo 22 de marzo
10:45: Adestramento no Dépor Training Center
15:00: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Sevilla
16:20 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Sevilla e viaxe en autocar a Granada
19:50 (hora aproximada): Chegada ao Hotel Eurostars San Antón Granada

Luns 23 de marzo
19:30: Granada CF - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva do Granada CF

Martes 24 de marzo
11:40: Saída do voo do Aeroporto de Granada con destino ao Aeroporto de Asturias
13:10 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Asturias e traslado en autocar ao Dépor Training Center
16:30 (hora aproximada): Adestramento no Dépor Training Center