RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Marisa García: "Estamos preparadas para competir ante calquera rival"

Marisa García asegurou na sala de prensa do Dépor Training Center que ante o FC Barcelona en ABANCA-RIAZOR "fixemos un partido moi bo, moi completo. O plan de partido saíu moi ben. Aguantamos ben sobre todo na primeira parte. Logo é verdade que estabamos máis cansas pero impúlsannos esas boas sensacións para seguir coa boa serie que levamos".

A dianteira do Dépor ABANCA cre que "esas sensacións positivas ante equipos tan grandes como o Real Madrid ou Barça impúlsannos ao ver que podemos competir ante calquera rival.  Válennos moito, aprendemos a esperar en bloque medio contra rivais que con balón teñen máis calidade e estamos preparadas para competir ante calquera rival".

Do mesmo xeito que o seu adestrador, a futbolista branquiazul opina que "na parte física vainos a vir ben xogar o luns (23 de marzo ás 19:30 en Granada) porque contra o Barça foi un esforzo moi grande de todas. Pasamos moito tempo sen balón e o esforzo físico é grande. Así que nos vai a vir ben ter máis días para preparar o partido do Granada CF".

Finalmente do conxunto andaluz, Marisa García advirte que "vén nunha dinámica moi boa pero temos as claves para facerlles dano. O equipo afróntao con moitas ganas e con moita ilusión".

Pide na Cidade Deportiva do Granada CF "ter balón, ter calma cando o teñamos, non perder esa forza que temos nas transicións; e sen balón seguir sendo fortes, manter a portería a cero e tentar sacar os 3 puntos".