As Nosas arrincaron este martes 17 de marzo unha longa semana de traballo que concluirá o luns 23 de marzo ás 19:30 ante o Granada CF na cidade deportiva do conxunto andaluz, en partido retransmitido en directo por Dazn, Teledeporte e RTVE Play.
Os resultados da última xornada deixaron ao Dépor ABANCA en 12ª posición de Liga F con 23 puntos.
Fran Alonso admite que "se cadra si nos vén ben xogar o luns. As futbolistas que máis minutos tiveron (ante o FC Barcelona) van estar moi cansas. Os esforzos foron brutais".
O técnico deportivista cualifica o horario de Granada como "raro" pero "ese día extra vénnos ben para recargar baterías".
Insiste que "o equipo está ben de moral. Chegaba no mellor momento e a derrota non nos vai a afectar de maneira negativa senón todo o contrario. Estamos moi ben de confianza, cada vez xogamos mellor. Poder competir ao Barça durante tantos minutos de ti a ti é para estar orgullosos".
Antes de viaxar a Granada, As Nosas completarán 5 sesións matinais no Dépor Training Center, con esta planificación:
Martes 17 de marzo
10:45 h.
Mércores 18 de marzo
10:45 h.
Xoves 19 de marzo
10:45 h.
Venres 20 de marzo
Descanso
Sábado 21 de marzo
10:45 h.
Domingo 22 de marzo
10:45 h.
Luns 23 de marzo
19:30: Granada CF - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva do Granada CF
