RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Visita da RC Deportivo Fundación ao FK Partizani de Albania no marco do programa Erasmus+

A RC Deportivo Fundación continúa a súa axenda en Albania cunha visita ás instalacións do FK Partizani, no Stadiumi Partizani, dentro das accións enmarcadas no programa Erasmus+.

Durante a xornada, representantes do club local recibiron a Álex Espiñeira, coordinador de proxectos internacionais, e Mario Ortega, adestrador da RC Deportivo Fundación; e acompañáronos nun percorrido polas súas instalacións, nun encontro que permitiu coñecer de preto a súa estrutura e forma de traballo.

A visita serviu tamén para compartir experiencias, intercambiar impresións sobre diferentes modelos de xestión e seguir fortalecendo vínculos internacionais a través do deporte, a formación e a cooperación entre entidades.