RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A RC Deportivo Fundación continúa a súa axenda institucional en Albania dentro do programa Erasmus+

A expedición da RC Deportivo Fundación segue avanzando en Albania con novas reunións institucionais enmarcadas no programa Erasmus+, iniciativa da Unión Europea que fomenta a mobilidade internacional e o intercambio de coñecemento entre entidades.

Nesta xornada, Álex Espiñeira, coordinador de proxectos internacionais, e Mario Ortega, adestrador da RC Deportivo Fundación, mantiveron un encontro con Profesor Dr. Artan Pogoni, Head Department of Physical Education and Sports de Barleti University, en Tirana.

A reunión permitiu coñecer de preto o traballo da universidade e compartir impresións sobre posibles liñas de colaboración futura no ámbito deportivo e formativo.

Esta visita súmase á folla de ruta internacional da RC Deportivo Fundación, que segue estreitando lazos con institucións, universidades e clubs de distintos países para xerar novas oportunidades de cooperación.