RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

O FK Bokelj, última parada da RC Deportivo Fundación en Montenegro

A RC Deportivo Fundación concluíu a súa xira por Montenegro, na que puido coñecer desde dentro a un dos clubs históricos do país.

A última parada foi o FK Bokelj na cidade de Kotor, unha referencia do fútbol montenegrino. 

A expedición deportivista, encabezada por Alex Espiñeira, coordinador de Proxectos Internacionais; e Lucía Otero, coordinadora de Proxectos Sociais coñeceu as súas instalacións e compartiu un encontro próximo con representantes da entidade.

Esta xornada serviu para seguir fortalecendo relacións, intercambiar experiencias e coñecer diferentes modelos de organización e desenvolvemento do fútbol no contexto internacional, pechando así unha expedición marcada pola aprendizaxe, o intercambio de coñecemento e a proxección internacional do RC Deportivo.

Todas estas accións desenvólvense no marco das mobilidades internacionais do programa Erasmus+, reafirmando o compromiso da Fundación RC Deportivo coa cooperación, a formación e o crecemento a través do deporte.