Con motivo do encontro ante o CD Leganés, correspondente á xornada 38ª de LaLiga Hypermotion, o RC Deportivo e a RC Deportivo Fundación fomentan a participación das novas xeracións de deportivistas a través do ondeamiento de bandeiras nos minutos previos.
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos (ambos inclusive), que teñan dita idade cumprida no momento de enviar a solicitude, sexan abonados na temporada 2025-26 e estean interesados en formar parte deste acto especial para calquera deportivista.
Esta acción representa unha oportunidade única para que os máis novos vivan o fútbol desde unha perspectiva privilexiada, formando parte activa do ambiente previo ao encontro e sentindo de preto a emoción de pisar ABANCA-RIAZOR preto de #OSNOSOS.
Os interesados e interesadas deberán encher o seguinte formulario.
As persoas seleccionadas serán informadas vía e-mail a través do correo electrónico da RC Deportivo Fundación a partir do xoves 30 de abril ás 12:00, hora límite para apuntarse.
O día do partido, os nenos e nenas participantes deberán acudir ao encontro co seu abono (físico ou dixital).
