RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor ABANCA - Alhama CF

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste domingo 26 de abril (12:00) fronte ao Alhama CF, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: Fundación ADCOR, Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, ASPRONAGA, Les Coruña, Hogar Sor Eusebia e Asociación Galega de Lupus.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.