RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado 25 en ANOSACANTEIRA, con paso cara ao título do Cadete; e calendario deste domingo 26, co Fabril e o Xuvenil A no Dépor Training Center

Intensa xornada en ANOSACANTEIRA, esta vez con todos os partidos en fin de semana.

Para este domingo 26 ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) queda o partido do Fabril no campo Arsenio Iglesias ante o Real Valladolid.

Os fabrilistas viviron unha semana de festexos coa entrega do trofeo de campión de liga en ABANCA-RIAZOR o pasado luns 20 e coa recepción no concello da Coruña o martes 22.

A pesar diso, Manuel Pablo, en rolda de prensa, asegurou que hai retos por diante como "o de conseguir máis vitorias, máis goles, encaixar os menos posibles... obxectivos colectivos como individuais. Esa é a liña a seguir".

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Ademais, o Xuvenil A recibe no Dépor Training Center ao Atlético Coruña Montañeros CF (16:30) e no trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 o Alevín visita ao CMI Club de Campo na Gándara (10:00).

Este sábado 25 destacou o Dépor - RC Celta da División de Honra cadete.

Os branquiazuis (na foto principal da noticia) chegaban ao choque con 1 punto de vantaxe sobre os célticos na loita polo título, con 3 partidos por diante.

Gañou 1-0 o cadro deportivista, con tanto de Yerobe no minuto 53.

Con este resultado o Cadete supera en 4 puntos ao RC Celta con 6 en xogo.

Tamén certificou a medalla de ouro o Alevín A (na foto inferior) en Primera Futgal A Coruña a falta de 1 partido para o final ao derrotar por 0-6 ao Olímpico CF en Vilaboa. 

En canto ao resto de categorías competiron en casa o San Tirso SD Cadete ante a SD Compostela (3-1), o Infantil ante o Victoria CF (11-0), o Fabril FC Alevín fronte ao CD Calasanz (3-2) e o Fabril FC Benxamín ante o ED Luis Calvo Sanz (3-4).

Por contra, o Xuvenil B venceu ao CD Choco (1-2) e o Benxamín A o Oza Juvenil SD (0-5); mentres que o San Tirso SD Infantil caeu pola mínima ante o RC Celta (3-2).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
33ª xornada: FABRIL - REAL VALLADOLID PROMESAS, o domingo 26 de abril ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias

Categoría xuvenil
División de Honra, 29ª xornada: XUVENIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o domingo 26 de abril ás 16:30 no Dépor Training Center

Liga Nacional, 31ª xornada: CD CHOCO 1 - XUVENIL B 2 (Borja e Nico Martínez)

Categoría cadete
División de Honra, 28ª xornada: CADETE 1 (Yerobe) - RC CELTA 0
División de Honra, 28ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Hugo Fernández, Asier e Hugo Caridade) - SD COMPOSTELA 1

Categoría infantil
División de Honra, 28ª xornada: INFANTIL 11 (Santi Durán -6-, Yoel Darriba, Álvaro Gómez, Gael Seijo -2- e Jorge Méndez) - VICTORIA CF 0
División de Honra, 28ª xornada: RC CELTA 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Yago Fernández -2-)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 10ª xornada: CMI CLUB DE CAMPO - ALEVÍN, o domingo 26 de abril ás 10:30 na Gándara 1 (Ferrol)

Primera Futgal A Coruña, 29ª xornada: OLÍMPICO CF 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo Cancela -2-, Tomás Sánchez -2-, Saúl Cancela e Leo Lorenzo)
Primeira Futgal A Coruña, 29ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 3 (Nico Castro -2- e Leo Galbán) - CD CALASANZ 2

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 29ª xornada: OZA JUVENIL SD 0 - BENXAMÍN A 5 (Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos, Manu López e Xosé Varela)
Primera Futgal A Coruña, 29ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Álex Martínez, Juan Crujeiras e Diego Freire) - ED LUÍS CALVO SANZ 4