RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario en ANOSACANTEIRA, con ONOSODERBI decisivo na División de Honra cadete o sábado 25 ás 11:30 no campo Arsenio Iglesias

Intensa xornada en ANOSACANTEIRA, esta vez con todos os partidos en fin de semana.

O Cadete - RC Celta da División de Honra, ás 11:30 no campo Arsenio Iglesias, é o partido destacado.

Os branquiazuis avantaxan en 1 punto aos célticos na loita polo título con 3 partidos por diante.

Tamén certificará a medalla de ouro o Alevín A en Primera Futgal A Coruña se puntúa ante o Olímpico CF, ás 12:00 en Vilaboa. 

Os deportivistas teñen 6 puntos de renda sobre o Victoria CF, 2º clasificado.

En canto ao resto de categorías compiten en casa o San Tirso SD Cadete ante a SD Compostela (10:00 no Monte), o Infantil ante o Victoria CF (10:15 no Dépor Training Center), o Fabril FC Alevín fronte ao CD Calasanz (13:30 na Torre) e o Fabril FC Benxamín ante o ED Luis Calvo Sanz (10:30 na Torre).

Por contra, o Xuvenil B visita ao CD Choco (12:30 no campo de Santa Mariña en Redondela), o San Tirso SD Infantil ao RC Celta (16:00 na Madroa) e o Benxamín A ao Oza Juvenil SD (11:30 en La Torre).

Para o domingo 26 ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) queda o partido do Fabril no campo Arsenio Iglesias ante o Real Valladolid.

Os fabrilistas viviron unha semana de festexos coa entrega do trofeo de campión de liga en ABANCA-RIAZOR o pasado luns 20 e coa recepción no concello da Coruña o martes 22.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Ademais, o Xuvenil A recibe no Dépor Training Center ao Atlético Coruña Montañeros CF (16:30) e no trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 o Alevín visita ao CMI Club de Campo na Gándara (Ferrol).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
33ª xornada: FABRIL - REAL VALLADOLID PROMESAS, o domingo 26 de abril ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Fabril (xa campión), 69 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 55 puntos... 15. Real Valladolid Promesas, 39 puntos...

Categoría xuvenil
29ª xornada: XUVENIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o domingo 26 de abril ás 16:30 no Dépor Training Center
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 72 puntos; 2. Xuvenil A, 65 puntos; 3. Sporting de Gijón, 56 puntos... 12. Atlético Coruña Montañeros CF, 31 puntos...

31ª xornada: CD CHOCO - XUVENIL B, o sábado 25 de abril ás 12:30 no campo de Santa Mariña (Redondela)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 83 puntos; 2. Xuvenil B, 72 puntos; 3. Ural Español CF, 59 puntos; 4. CD Choco, 57 puntos...

Categoría cadete
28ª xornada: CADETE - RC CELTA, o sábado 25 de abril ás 11:30 no campo Arsenio Iglesias
28ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - SD COMPOSTELA, o sábado 25 de abril ás 10:00 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 74 puntos; 2. RC Celta, 73 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 46 puntos; 4. Arosa SC, 41 puntos... 9. SD Compostela, 32 puntos...

Categoría infantil
28ª xornada: INFANTIL - VICTORIA CF, o sábado 25 de abril ás 10:15 no Dépor Training Center (campo 8)
28ª xornada: RC CELTA - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 25 de abril ás 16:00 na Madroa (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil (xa campión), 76 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 63 puntos; 3. RC Celta, 60 puntos... 5. CD Conxo Santiago e CD Lugo, 42 puntos; 7. San Tirso SD Infantil, 40 puntos; 8. AJ Lérez, 38 puntos... 16. Victoria CF, 17 puntos

Categoría alevín
10ª xornada: CMI CLUB DE CAMPO - ALEVÍN, o domingo 26 de abril ás 10:30 na Gándara 1 (Ferrol)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 27 puntos; 2. CD Lugo, 24 puntos... 10. CMI Club de Campo, 10 puntos...

29ª xornada: OLÍMPICO CF - ALEVÍN A, o sábado 25 de abril ás 12:00 no Complexo Deportivo de Vilaboa
29ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - CD CALASANZ, o sábado 25 de abril ás 13:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 79 puntos; 2. Victoria CF, 73 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 72 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 67 puntos; 5. CD Calasanz, 61 puntos... 13. Olímpico CF, 17 puntos...

Categoría benxamín
29ª xornada: OZA JUVENIL SD - BENXAMÍN A, o sábado 25 de abril ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
29ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ED LUÍS CALVO SANZ, o sábado 25 de abril ás 10:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A (xa campión), 84 puntos; 2. CD Calasanz, 71 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz, 68 puntos; 4. Ural Español CF, 64 puntos; 5. Fabril FC Benxamín, 60 puntos; 6. Atlético Coruña Montañeros CF, 57 puntos... 11. Oza Juvenil SD, 24 puntos...