RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Mauro Valeiro foi titular no primeiro amigable de España sub-17 ante Ucraína, previo ao segundo deste xoves en Córdoba

-Foto:@rfef.es

 

Mauro Valeiro (na foto co dorsal 8) está concentrado coa selección española sub-17 para disputar dous partidos amigables ante Ucraína.

Estes dous encontros servirán de preparación para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría.

No primeiro deles, este pasado martes 21, o canteirán deportivista foi titular.

Estivo sobre o céspede 66 minutos, momento no que foi substituído por Ian Mencía.

Venceu España por 4-0 nun partido de claro dominio rojillo.

O segundo encontro entre ambas as seleccións será este xoves 23 de abril ás 11:00 no Estadio Bahrain Victorious Nuevo Arcángel.

O calendario de partidos do canteirán deportivista, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 21 de abril
ESPAÑA 4 - UCRAÍNA 0

Xoves 23 de abril
11:00: ESPAÑA - UCRAÍNA, no Estadio Bahrain Victorious Nuevo Arcángel (Córdoba)

Finalizado este choque, Mauro Valeiro regresará á Coruña.

O centrocampista do Xuvenil A é un dos habituais nas últimas convocatorias deste combinado nacional. 

Así, proclamouse campión do torneo internacional no Algarve (Portugal) e tamén xogou en marzo a Rolda 2 de clasificación ante Irlanda del Norte, Escocia e Turquía, fase na que certificou a súa clasificación para o Campionato de Europa.

O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.

Mauro Valeiro suma a día de hoxe 22 partidos co Xuvenil A na División de Honra, 18 deles como titular; nos que anotou 2 goles.