RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O Dépor Museo & Tour lanza descontos do 35% até final de temporada para maiores de 65 anos, desempregados e estudantes

O Dépor Museo & Tour pon en marcha dunha nova política de descontos que estará vixente até o final da presente temporada, co obxectivo de facilitar o acceso ás súas instalacións e achegar a historia do Club a un público máis amplo.

Esta promoción contempla un 35% de desconto sobre a tarifa correspondente en función do perfil de cada visitante, beneficiando aos seguintes colectivos e días da semana:

-Martes: Persoas maiores de 65 anos e persoas desempregadas.

-Mércores: Estudantes de Formación Profesional (grao medio e superior), graos universitarios e másteres.

Para garantir a correcta aplicación destes descontos, será necesario acreditar a condición correspondente mediante a seguinte documentación:

-Maiores de 65 anos: DNI ou outro documento oficial de identidade que inclúa a data de nacemento.

-Persoas desempregadas: cartón de demanda de emprego en vigor ou certificado de situación como demandante de emprego emitido polo servizo público de emprego correspondente.

-Estudantes: carné de estudante vixente ou documento oficial de matrícula do curso actual.

Con esta iniciativa, o Dépor Museo & Tour reforza o seu compromiso coa accesibilidade e a difusión da historia e os valores do Club, ofrecendo unha experiencia enriquecedora tanto para afeccionados como para visitantes.

Estas entradas con desconto pódense adquirir de forma presencial ou a través da dirección museo@rcdeportivo.es, do teléfono 881 123 973 ou do Whatsapp +34 656 94 37 29.