O Dépor realizou este xoves 23 de abril a sesión forte da semana de cara ao choque deste sábado 25 de abril ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en El Plantío ante o Burgos CF.
Todo o cadro, salvo David Mella, estivo a disposición de Antonio Hidalgo nunha xornada de alta carga táctica.
Para concluír o traballo sobre o céspede tamén houbo intre para a diversión co fut-voley.
En rolda de prensa, Ximo Navarro presume de "xente moi preparada de nutrición, de cociña coa alimentación... Os preparadores físicos, o corpo técnico teñen moito coidado coas cargas".
Nunha semana curta posto que o anterior partido foi o luns 20 en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés, o futbolista andaluz asegura que "se preocupan moito en limitar as cargas aos xogadores que van xogando máis. Preparan moi ben a semana, fannos chegar moi ben ao seguinte partido".
Lembra un dos capitáns deportivistas que "lesións sempre van haber pero fomos un equipo que neste aspecto mantivémonos sempre ben esta temporada. Oxalá que poida seguir así nestes 6 partidos".
Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
Este venres 24 de abril Os Nosos adiantan a hora de adestramento, que arrincará ás 10:00 en lugar da as 10:30 porque, nada máis concluír, os convocados por Antonio Hidalgo partirán de viaxe por estrada a Burgos.
