RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Yeremay Hernández: "Neste tempo fíxenme moito máis forte"

Yeremay Hernández compareceu este mércores 22 de abril na sala de prensa do Dépor Training Center.

Titular o pasado luns en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés, mostrouse "moi contento por volver xogar. Estou contento por volver ao once e de volver achegar".

Despois de xogar 70 minutos, asegurou atoparse "moi ben" e explicou que a súa lesión "é moi fodida porque hai moitos días que non te sentes ben, outros parece que te atopas mellor pero ao seguinte volves outra vez. É unha lesión moi difícil, moito de cabeza. Tes que estar forte".

Recalca non obstante que "o estou levando ben. Ao principio angustiábame un pouco pero agora estouno levando moito mellor. Estou a loitar e estou a tentar traballar moito para que esas dores váianseme e poida estar ao 100%".

Nesta liña, Yeremay apunta que "cada vez me vou atopando mellor, cada vez vou soportando máis cargas no ximnasio e en todos os traballos, e logo estoume sentindo cada vez mellor no campo".

O canteirán confesa que o que viviu esta temporada "ensinoume a ver as cousas doutra maneira. Neste tempo fíxenme moito máis forte e seguramente me vai a axudar aos próximos anos seguintes a ver todo doutra maneira".

Lanza unha mensaxe a ANOSAFORZA que "nos sigan apoiando, que nos sigan acompañando a todos lados. É moi importante, das cousas máis importantes que ten o Deportivo e ímolos a necesitar todos estes partidos que quedan".

Finalmente deixa claro que "vou dar o meu 100%. O de agora é o 100% que están afeitos ver? Non o sei. Oxalá poida chegar ao meu 100% e axudar ao equipo o máximo posible".

Yeremay concluíu que non se fan contas no vestiario porque "se vai a decidir todo ao final e temos que ir partido a partido. Non podes pensar no partido de despois do Burgos CF. Os pequenos detalles marcarán a diferenza".