A Liga de Fútbol Profesional confirmou os horarios dos partidos correspondentes á 39ª xornada de LaLiga Hypermotion, na que o Dépor visita ao Cádiz CF.
Por segunda xornada consecutiva, o encontro está fixado un venres, esta vez o 8 de maio ás 20:30, retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas.
Así pois, os horarios dos partidos de LaLiga Hypermotion xa confirmados do Dépor son:
37ª xornada
Sábado 25 de abril, 18:30, El Plantío: Burgos CF - Deportivo
38ª xornada
Venres 1 de maio, 18:30, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - CD Leganés
39ª xornada
Venres 8 de maio, 20:30, Nuevo Mirandilla: Cádiz CF - Deportivo
O Dépor xa mira ao Burgos CF consciente que "estamos onde queremos estar" pero que "temos que facer nós os deberes"
#OSNOSOS
Nsongo Bil ve ao Dépor "traballando moi ben" e Mario Soriano ten "sensacións moi boas"
#OSNOSOS
Antonio Hidalgo advirte que "temos que estar preparados para todo tipo de emocións"
#OSNOSOS
Os Nosos vólvense a adestrar este martes 21 de abril ás 11:00 no Dépor Training Center
#OSNOSOS
