RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Un Dépor "coa frecha para arriba" incide este mércores 21 nas finalizacións de cara ao partido en Burgos

O Dépor incidiu este mércores 21 no Dépor Training Center na finalización.

Un xogo de posición após unha activación completou o traballo sobre o céspede, todo no campo 3.

Yeremay, en rolda de prensa, afirmou que "estamos a traballar moi ben. Cada partido moito mellor".

O atacante canario ve a Os Nosos "coa frecha para arriba. Imos agora a Burgos (o sábado 25 de abril ás 18:30 horas en El Plantío) a gañar. E logo o seguinte, o seguinte..."

Mella e Mulattieri estiveron hoxe con adestramento personalizado.

Pola súa banda, Bil, Noé e Dani Estévez foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este xoves 23 de abril o Dépor adestrarase de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.