RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con plácido fin de liga para o Dépor ABANCA B este sábado 25 ante o Sporting de Gijón no Dépor Training Center

Esta fin de semana conclúe a liga en Segunda Federación o Deportivo ABANCA B.

As Nosas, coa salvación lograda matematicamente a pasada fin de semana en Eibar, reciben ao Sporting de Gijón este sábado 25 de abril ás 16:30 no Dépor Training Center.

As asturianas marchan na 7ª posición con 33 puntos. 

Na primeira volta, disputada en Mareo o 8 de novembro, venceu o Dépor ABANCA B por 0-2, con dobrete de Laura Ruiz.

No vestiario deportivista, Antía Veiga recibiu a convocatoria para disputar coa seleccion española sub-17 o Campionato de Europa, do 2 ao 17 de maio en Irlanda del Norte.

A canteirá branquiazul concentrarase o martes 28 de abril na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) até o sábado 2 de maio, día no que as internacionais sub-17 porán rumbo a Belfast.

Finlandia, Francia e Polonia serán as rivais de España no grupo B da primeira fase.

O sábado 25 tamén xogan o Orzán SD Cadete na Coruña ante o Victoria CF (12:00 no campo Víctor Fernández Alonso), o Orzán SD Infantil A en Pastoriza (10:00) na loita polo título galego, e o Orzán SD Infantil B na Fase Plata ás 18:15 na Torre fronte ao Lóstrego CF.

Para o domingo quedan os partidos do Orzán SD Sub-21 e do Orzán SD Xuvenil.

As primeiras, que conclúen a liga en Tercera Federación a salvo do descenso, visitan ao Lóstrego CF ás 18:00 no campo vigués de Novo Miradoiro de Beade.

Finalmente, o Orzán SD Xuvenil enfróntase no campo Dani Mallo (18:00) ao Sporting Cambre na Primera Autonómica. Neste caso as orzanistas teñen 9 puntos de vantaxe sobre o descenso, con 15 en xogo.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
26ª xornada (última): DEPORTIVO ABANCA B - SPORTING DE GIJÓN, o sábado 25 de abril ás 16:30 no Dépor Training Center
Clasificación: ... 7. Sporting de Gijón, 33 puntos... 9. Atlético de Madrid C, 29 puntos; 10. Deportivo ABANCA B, 28 puntos; 11. Madrid CFF B, 27 puntos...

Tercera Federación
22ª xornada (última): LÓSTREGO CF - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 26 de abril ás 18:00 no campo Novo Miradoiro de Beade (Vigo)
Clasificación: ... 3. Lóstrego CF, 44 puntos... 7. EFM Concello de Boiro, 28 puntos; 8. Orzán SD Sub-21, 27 puntos; 9. Tomiño FC Femenino, 25 puntos...

Primera Autonómica
26ª xornada: SPORTING CAMBRE - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 26 de abril ás 18:00 no campo Dani Mallo (Cambre)
Clasificación: ... 9. Sporting Cambre, 32 puntos... 11. Xallas FC e UD Carral, 24 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil, 19 puntos; 14. SCD Pastoriza, 13 puntos...

Liga Galega cadete
24ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD CADETE, o sábado 25 de abril ás 12:30 no campo Víctor Fernández Alonso
Clasificación: 1. Victoria CF, 61 puntos; 2. SCD Milagrosa (un partido máis), 57 puntos; 3. Orzán SD Cadete, 56 puntos; 4. Racing de Ferrol, 48 puntos...

Liga Galega infantil
4ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD INFANTIL A, o sábado 25 de abril ás 10:00 no Municipal de Pastoriza
Clasificación da Fase polo Título: ... 2. Racing de Ferrol e Victoria FC, 6 puntos; 4. Orzán SD Infantil A, 5 puntos; 5. UD Mos e Caldas CF, 4 puntos... 8. SCD Pastoriza, 0 puntos

4ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - LÓSTREGO CF, o sábado 25 de abril ás 18:15 na Torre (campo 3)
Clasificación da Fase Plata: ... 2. Lóstrego CF, 9 puntos; 3. Bergantiños CF e Orzán SD Infantil B, 6 puntos; 5. Silva SD e EFF Sonnoia Portus Apostoli, 3 puntos...