Do mesmo xeito que o partido do pasado luns entre o Deportivo e o CD Mirandés, o Dépor ABANCA - Alhama CF deste domingo 26 de abril ás 12:00 (Dazn e RTVE Play) foi declarado Día DÉ... O Coidado da Nosa Terra.
Após a conmemoración do Día Mundial de la Madre Tierra o pasado 22 de abril, o Club reforza o seu compromiso coa sensibilización ambiental, promovendo valores de respecto, responsabilidade e coidado da contorna.
Máis aló do fútbol, este día convida a reflexionar sobre a importancia de protexer o noso planeta, o noso fogar común.
Cada xesto conta, e cada acción suma na construción dun futuro máis sustentable.
O Club lembra que a defensa dos nosos valores tamén se estende fóra do terreo de xogo.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.
