RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor mídese nun Plantío abarrotado ao Burgos CF en "os momentos bonitos polos que queriamos loitar a principios de temporada"

O Dépor visita ao Burgos CF este sábado 25 de abril ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion) en El Plantío, en partido correspondente á 37ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Os Nosos, após o triunfo do pasado luns 20 de abril en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés, chegan ao choque en 2ª posición da táboa con 64 puntos, os mesmos que a UD Almería (3º).
´
Antonio Hidalgo lembrou na sala de prensa do Dépor Training Center que "chega o final. Empeza a apertarse todo. Chega ese momento no que todos os equipos xóganse algo. Todo o mundo ten moita esixencia".

Iso si, pensa que "son os momentos bonitos polos que queriamos loitar a principios de temporada. Niso estamos".

É baixa por lesión Mella, con adestramento personalizado.

Con apenas 3 días para preparar o partido, o técnico deportivista admitiu que "houbo algún futbolista con algunha molestia ao principio da semana pero hoxe adestraron todos con normalidade".

O conxunto branquiazul adiantou 30 minutos a sesión deste venres porque ao concluír, a expedición deportivista parte de viaxe por estrada a Burgos.

O corpo técnico dispuxo após unha activación un exercicio táctico de transicións, fútbol reducido e un último repaso ás xogadas de estratexia.

Bil foi o representante de ANOSACANTEIRA nunha semana na que tamén estiveron a traballar co primeiro equipo Noé e Dani Estévez.

Preguntado Manuel Pablo valora esta circunstancia "positivamente. Primeiro gañárono polo seu rendemento. Os que subiron é porque nalgún momento estiveron ben e poden axudar ao primeiro equipo nun momento dado. A temporada de Dani Estévez foi moi boa de onde viña, dun ano case sen xogar. Está a facelo moi ben e gañouse ese premio de poder adestrar".

Pola súa banda, o Burgos CF, que a pasada fin de semana caeu en Castellón (3-1), é 6º con 60 puntos.

No partido da primeira volta disputado en ABANCA-RIAZOR o pasado 24 de agosto houbo empate sen goles (0-0).

No seu campo esta campaña o conxunto que dirixe o ex deportivista Luis Miguel Ramis gañou á Cultural Leonesa (5-1), Málaga CF (2-1), Real Sociedad B (1-0), SD Eibar (1-0), SD Huesca (1-0), CD Leganés (2-1), CD Mirandés (2-0), Córdoba CF (4-0) e Sporting de Gijón (1-0); empatou coa UD Las Palmas (0-0), Granada CF (1-1), CD Castellón (0-0), Real Zaragoza (1-1), Cádiz CF (1-1) e AD Ceuta FC (1-1); e caeu co Real Valladolid (0-1), Real Racing Club (0-2) e Albacete Balompié (0-1).

El Plantío, cuns 600 deportivistas nas bancadas, colgou o cartel de non hai entradas e o club castelán fixo un chamamento á súa afección baixo a lema "enchamos a cidade de bandeiras".

Así, Atienza, que acaba de cumprir 150 partidos, afirmou na sala de prensa que "El Plantío ten capacidade de gañar partidos e é o momento de aproveitalo".

Do Dépor, opina que "é un equipo con moito talento individual, pero cun gran traballo colectivo. A clave vai estar en saber recoñecer e actuar segundo cada fase do partido. Nós sabemos que podemos controlar todas as fases, incluso as máis incómodas, que é o que nos levou a sacar moitos partidos esta temporada".

Finalizado o encontro, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center o luns 27 de abril ás 17:00.