RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A RC Deportivo Fundación visita ao FC Prishtina durante os seus actividades en Kósovo

No marco da expedición que a RC Deportivo Fundación leva a cabo en Kósovo tivo lugar unha visita ás instalacións do FC Prishtina.

A xornada serviu para coñecer de preto a realidade do club, percorrer os seus espazos de traballo e compartir impresións co equipo local sobre distintas formas de entender e desenvolver o fútbol.

Este tipo de encontros seguen achegando valor á presenza internacional da RC Deportivo Fundación, permitindo crear novas relacións e coñecer de primeira man outros contextos deportivos.