RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor ABANCA - FC Barcelona

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo ABANCA deste domingo 15 de marzo (12:00) fronte ao FC Barcelona, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: ACCEM A Coruña (Organización para o Desenvolvemento Social), Asociación Participa para a Inclusión Social, RIBS Padre Rubinos, CASCO (Comité Cidadán Antisida da Coruña), Asociación Les Coruña, Movemento pola Paz, ASPRONAGA, Residencia La Milagrosa Carballo, Fundación ADCOR (Axuda ás Persoas con Discapacidade Intelectual), FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), Fundación Vicente Ferrer e Grupo Scout Stoas.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.