A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste sábado 21 de marzo (21:00) fronte ao Real Zaragoza, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.
Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: ASEM Galicia (Asociación de Axuda aos Pacientes con Enfermidades Neuromusculares), COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), Cáritas, Pastoral Penitenciaria, Fundación Secretariado Gitano, Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos, CASCO (Comité Cidadán Antisida da Coruña), ONG Viraventos, Hogar SÍ, Club de Deportes de Xordos da Coruña, Hogar Sor Eusebia e FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia).
Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.
