Un único encontro xógase este domingo 29 de marzo en ANOSACANTEIRA.
O Fabril mídese ao Atlético Astorga FC a partir das 17:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias.
Os fabrilistas avantaxan en 4 puntos ao Oviedo Vetusta na cabeza da clasificación.
Pola súa banda, o Atlético Astorga FC vén de empatar no seu campo ante a Gimnástica Segoviana CF (2-2) e transita pola zona tranquila da táboa.
Manuel Pablo, que renovou o seu contrato co Club até 2028, conta coas baixas dos lesionados Damián Canedo, Vilela, Manu Ferreiro, Garrido e Pablo Cortés; ademais dos sancionados Nájera e Noé; e os futbolistas que poidan ter minutos co primeiro equipo en Gijón, caso de Bil, que foi titular ante o Real Zaragoza en ABANCA-RIAZOR.
Precisamente Garrido será operado este luns 30 de marzo no Hospital Quirónsalud A Coruña a cargo do traumatólogo Óscar Gayoso da súa lesión na musculatura isquiotibial.
O técnico fabrilista advirte que o encontro "nos vai a esixir paciencia porque o Atlético Astorga FC repliega ben, xúntase moito".
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.
O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Este sábado 28 xogáronse 4 partidos con representación de ANOSACANTEIRA.
O Xuvenil B (na foto principal da noticia) enfrontouse ao Atlético Arteixo (4-1 no Dépor Training Center), o San Tirso SD Cadete ao RC Celta (8-1 na Madroa), o San Tirso SD Infantil (na foto inferior) ao Pontevedra CF (0-2 no Monte) e o Fabril FC Benxamín ao Sporting Cambre (1-10 no campo Dani Mallo).
Intensa actividade entre semana
Os torneos de Semana Santa fan que adiantasen os seus partidos de liga da fin de semana algúns dos equipos de ANOSACANTEIRA.
Este venres 27, o Cadete e o Ural Español CF víronse as caras no Dépor Training Center.
Adiantáronse os uralistas pero un dobrete de Nico Giovanni nos minutos 73 e 75 certificou o triunfo deportivista.
Con este resultado, o Cadete suma 68 puntos á fronte da División de Honra.
O xoves 26 tivo cita o Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Os branquiazuis venceron por 0-1 ao Racing de Ferrol e suman 18 puntos de 18 posibles á fronte da clasificación do grupo norte.
Este mércores 25 xogouse outro partido.
O Infantil superou (8-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF no Dépor Training Center.
Con este resultado, os branquiazuis son líderes da categoría con 70 puntos por 57 do ED Val Miñor Nigrán, que ten que xogar o seu partido desta xornada.
E este martes 24, o Alevín A, líder da Primera Futgal A Coruña, derrotou ao Betanzos CF (9-0) e o Fabril FC Alevín ao UD Carral (2-7).
Tamén xogou o Benxamín A, que se impuxo (10-0) ao Atlético Arteixo; e o Fabril FC Benxamín, que caeu (2-1) co Victoria CF pero neste caso en partido correspondente á 25ª xornada na Primera Futgal A Coruña disputada a pasada fin de semana.
Ten descanso esta semana o Xuvenil A, que manda na División de Honra con 60 puntos, os mesmos que o RC Celta.
O que non para é Nico Balbas, que se concentrou coa selección hondureña sub-20 até o martes 31 de marzo.
O canteirán acaba de disputar coa sub-17 do país centroamericano o Campionato do Mundo da categoría.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
29ª xornada: FABRIL - ATLÉTICO ASTORGA FC, o domingo 29 de marzo ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias
Categoría xuvenil
Liga Nacional, 28ª xornada: XUVENIL B 4 (Raúl Lema, Ramón Blanco, Roi Cabada e Nico Martínez) - ATLÉTICO ARTEIXO 1
Categoría cadete
División de Honra, 25ª xornada: CADETE 2 (Nico Giovanni -2-) - URAL ESPAÑOL CF 1
División de Honra, 25ª xornada: RC CELTA 8 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Asier Valverde)
Categoría infantil
División de Honra, 25ª xornada (mércores 25): INFANTIL 8 (Jorge Méndez -2-, Yoel Darriba, Iván Gil, Álvaro Gómez, David Gómez e Santi Durán -2-) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
División de Honra, 25ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - PONTEVEDRA CF, o sábado 28 de marzo ás 11:30 no Monte
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 6ª xornada (xoves 26): RACING DE FERROL 0 - ALEVÍN 1 (Mateo Songo'o)
Primera Futgal A Coruña, 26ª xornada (martes 24): ALEVÍN A 9 (Tomás Sánchez -2-, Hugo Cancela -2-, Saúl Cancela, Diego Castelo, Leo Lorenzo, Adrián Liñares e Adrián Míguez) - BETANZOS CF 0
Primera Futgal A Coruña, 26ª xornada (martes 24): UD CARRAL 2 - FABRIL FC ALEVÍN 7 (Leo Galbán -3-, Martín Martelo, Mateo Pastorín, Manu Parada e Nico Castro)
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 26ª xornada (martes 24): BENXAMÍN A 10 (Leo Díaz -4-, Mateo Ramos -2-, Pablo Campanero, Saúl Gómez, Hugo Rey e Ian Lata) - ATLÉTICO ARTEIXO 0
Primera Futgal A Coruña, 25ª xornada (martes 24): VICTORIA CF 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Izan Mallón)
Primera Futgal A Coruña, 26ª xornada: SPORTING CAMBRE 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 10 (Anxo Fernández -4-, Jaime Fraga -2-, Juan Crujeiras -2-, Óscar Lijó e Izan Mallón)
