Letonia e Eslovaquia crúzanse no camiño de Portugal e de Inês Pereira rumbo ao Campionato de Europa 2027
Inês Teixeira Pereira (Sintra, Lisboa, 26 de maio de 1999) foi convocada por Portugal para dous partidos clasificatorios para o próximo Campionato de Europa 2027.
Os rivais das portuguesas serán nesta xanela FIFA Letonia e Eslovaquia.
A futbolista branquiazul concentrarase o vindeiro mércores 8 de abril na Cidade do Fútbol en Oeiras.
O calendario de partidos de Inês Pereira é o seguinte:
Martes 14 de abril 20:00: LETONIA - PORTUGAL, no Daugava Stadium de Riga
Sábado 18 de abril 16:00: ESLOVAQUIA - PORTUGAL, no Estadio Tratan Area de Kosice
Inês Pereira, unha das fixas na súa selección, suma campaña 22 partidos co Deportivo ABANCA en Liga F.