RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "O obxectivo era moi claro, non sufrir este ano. De momento estámolo conseguindo"

Fran Alonso resaltou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "a temporada está a ser boa e vai ser mesmo mellor. O obxectivo principal que é a salvación automática cada vez está máis preto. Cun pequeno esforzo máis que fagamos poderémolo conseguir moi pronto".

Despois de lograr a salvación a pasada temporada no penúltimo partido, "o poder salvarnos en abril sería espectacular".

O técnico deportivista mostrouse así mesmo "contento polo grupo" aínda que advirte que "hai que mellorar. Debemos de xogar mellor".

Valorou ademais esta primeira vitoria en ABANCA-RIAZOR neste ano 2026: "O primeiro partido empatámolo contra o UD Costa Adeje Tenerife pero logo tivemos rivais como Real Madrid CF, FC Barcelona, Sevilla FC... rivais moi difíciles da parte alta e aínda que creo que competimos moi ben en todos os partidos non puidemos gañar. É importante volver gañar aquí en ABANCA-RIAZOR, ante ANOSAFORZA".

Finalmente Fran Alonso lembra que "o obxectivo era moi claro, non sufrir este ano. De momento estámolo conseguindo. Daquela a salvación matemática, que ata que non estea conseguida ninguén se vai a relaxar. Unha vez que se logre é ver onde estamos e polo que podemos loitar. Por suposto que queremos acabar máis arriba na táboa, queremos sumar máis puntos, queremos bater o que conseguimos o ano pasado. Cremos que temos cadro para facelo".