RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, con derrotas este domingo do Dépor ABANCA B e Orzán SD Xuvenil

Este domingo 29 de marzo o Dépor ABANCA B visitou ao Burgos na Cidade Deportiva de Castañares.

As Nosas caeron por 1-0 cun gol burgalés no minuto 53.

Con este resultado, o filial deportivista queda con 22 puntos na 11ª posición da Segunda Federación.

A nota positiva protagonízana as canteirás Lucía Rivas e Redru, que se incorporan a uns adestramentos coa selección española sub-19 do luns 30 de marzo ao mércores 1 de abril. Estas sesións servirán para preparar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa do mes de abril.

Completou a xornada do domingo a derrota (2-5) do Orzán SD Xuvenil ante o Victoria CF B, correspondente á 23ª xornada en Primera Autonómica.

As orzanistas, con 16 puntos, ocupan a 13ª posición.

Este sábado 28 de marzo os dous equipos infantís arrincaron a segunda fase da temporada. 

O Orzán SD Infantil A empatou na Fase polo Título da Liga Galega en Mos (1-1) e o B caeu na Fase Plata na Coruña ante o Victoria CF (7-0).

Tiveron descanso o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación e ao Orzán SD Cadete na Liga Galega.

Os resultados foron os seguintes:

Segunda Federación
23ª xornada: BURGOS CF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Primera Autonómica
23ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 2 (Daniela Barbanzán e Valentina Fernández) - VICTORIA CF B 5

Liga Galega infantil
Fase polo Título, 1ª xornada: UD MOS 1 - ORZÁN SD INFANTIL A 1 (Daniela Mingo)

Grupo 1º Plata, 1ª xornada: VICTORIA CF 7 - ORZÁN SD INFANTIL B 0