RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, co Fabril cunha vantaxe "importante" á fronte da Segunda Federación

Un único encontro xogouse este domingo 29 de marzo en ANOSACANTEIRA.

O Fabril superou ao Atlético Astorga FC (3-0) nun campo Arsenio Iglesias practicamente cheo de afeccionados con goles de Héctor Areosa, Dipanda e Mane.

Manuel Pablo, que renovou o seu contrato co Club até 2028, contou coas baixas dos lesionados Damián Canedo, Vilela, Manu Ferreiro, Garrido, Pablo Cortés e Hugo Ríos, con molestias nun xeonllo pendente de avaliación médica; ademais dos sancionados Nájera e Noé; e Bil, titular co Deportivo ante o Sporting de Gijón.

Precisamente Garrido será operado este luns 30 de marzo no Hospital Quirónsalud A Coruña a cargo do traumatólogo Óscar Gayoso da súa lesión na musculatura isquiotibial.

Con este resultado, e a falta de 5 partidos, os fabrilistas avantaxan en 7 puntos á fronte da táboa ao Oviedo Vetusta, que perdeu co Rayo Cantabria.

O técnico fabrilista afirma que esa vantaxe é "importante pero temos que seguir. O partido de hoxe era que sabendo os resultados non nos confiaramos, non nos equivocaramos. O equipo fixo un partido moi bo, sempre metido, presións altas, moito xogo, non desesperarse..."

Este sábado 28 xogáronse 4 partidos con representación de ANOSACANTEIRA.

O Xuvenil B enfrontouse ao Atlético Arteixo (4-1 no Dépor Training Center), o San Tirso SD Cadete ao RC Celta (8-1 na Madroa), o San Tirso SD Infantil ao Pontevedra CF (0-2 no Monte) e o Fabril FC Benxamín ao Sporting Cambre (1-10 no campo Dani Mallo).

Intensa actividade entre semana

Os torneos de Semana Santa fan que adiantasen os seus partidos de liga da fin de semana algúns dos equipos de ANOSACANTEIRA.

Este venres 27, o Cadete e o Ural Español CF víronse as caras no Dépor Training Center.

Adiantáronse os uralistas pero un dobrete de Nico Giovanni nos minutos 73 e 75 certificou o triunfo deportivista.

Con este resultado, o Cadete suma 68 puntos á fronte da División de Honra.

O xoves 26 tivo cita o Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Os branquiazuis venceron por 0-1 ao Racing de Ferrol e suman 18 puntos de 18 posibles á fronte da clasificación do grupo norte.

Este mércores 25 xogouse outro partido.

O Infantil superou (8-0) ao Atlético Coruña Montañeros CF no Dépor Training Center.

Con este resultado, os branquiazuis son líderes da categoría con 70 puntos por 60 do ED Val Miñor Nigrán.

E este martes 24, o Alevín A, líder da Primera Futgal A Coruña, derrotou ao Betanzos CF (9-0) e o Fabril FC Alevín ao UD Carral (2-7).

Tamén xogou o Benxamín A, que se impuxo (10-0) ao Atlético Arteixo; e o Fabril FC Benxamín, que caeu (2-1) co Victoria CF pero neste caso en partido correspondente á 25ª xornada na Primera Futgal A Coruña disputada a pasada fin de semana.

Ten descanso esta semana o Xuvenil A, que manda na División de Honra con 60 puntos, os mesmos que o RC Celta.

O que non para é Nico Balbas, que se concentrou coa selección hondureña sub-20 até o martes 31 de marzo.

O canteirán acaba de disputar coa sub-17 do país centroamericano o Campionato do Mundo da categoría.

Os resultados foron os seguintes:

Segunda Federación
29ª xornada: FABRIL 3 (Héctor Areosa, Dipanda e Mane) - ATLÉTICO ASTORGA FC 0

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 28ª xornada: XUVENIL B 4 (Raúl Lema, Ramón Blanco, Roi Cabada e Nico Martínez) - ATLÉTICO ARTEIXO 1

Categoría cadete
División de Honra, 25ª xornada: CADETE 2 (Nico Giovanni -2-) - URAL ESPAÑOL CF 1
División de Honra, 25ª xornada: RC CELTA 8 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Asier Valverde)

Categoría infantil
División de Honra, 25ª xornada (mércores 25): INFANTIL 8 (Jorge Méndez -2-, Yoel Darriba, Iván Gil, Álvaro Gómez, David Gómez e Santi Durán -2-) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0
División de Honra, 25ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - PONTEVEDRA CF 2

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 6ª xornada (xoves 26): RACING DE FERROL 0 - ALEVÍN 1 (Mateo Songo'o)

Primera Futgal A Coruña, 26ª xornada (martes 24): ALEVÍN A 9 (Tomás Sánchez -2-, Hugo Cancela -2-, Saúl Cancela, Diego Castelo, Leo Lorenzo, Adrián Liñares e Adrián Míguez) - BETANZOS CF 0
Primera Futgal A Coruña, 26ª xornada (martes 24): UD CARRAL 2 - FABRIL FC ALEVÍN 7 (Leo Galbán -3-, Martín Martelo, Mateo Pastorín, Manu Parada e Nico Castro)

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 26ª xornada (martes 24): BENXAMÍN A 10 (Leo Díaz -4-, Mateo Ramos -2-, Pablo Campanero, Saúl Gómez, Hugo Rey e Ian Lata) - ATLÉTICO ARTEIXO 0

Primera Futgal A Coruña, 25ª xornada (martes 24): VICTORIA CF 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Izan Mallón)
Primera Futgal A Coruña, 26ª xornada: SPORTING CAMBRE 1 -  FABRIL FC BENXAMÍN 10 (Anxo Fernández -4-, Jaime Fraga -2-, Juan Crujeiras -2-, Óscar Lijó e Izan Mallón)