Este sábado 28 de marzo os dous equipos infantís arrincaron a segunda fase da temporada.
O Orzán SD Infantil A empatou na Fase polo Título en Mos (1-1) e o B caeu na Fase Plata na Coruña ante o Victoria CF (7-0).
Para este domingo 29 queda o partido do Dépor ABANCA B ante o Burgos, ás 12:00 na Cidade Deportiva de Castañares.
As Nosas, que a pasada fin de semana caeron por 1-2 no campo Arsenio Iglesias ante As Celtas, ocupan a 11ª posición con 22 puntos.
Pola súa banda, as burgalesas son sextas con 38.
No partido da primeira volta disputado o pasado 14 de decembro venceu por 0-1 o Burgos CF.
ANOSACANTEIRA acaba de recibir a citación de Lucía Rivas e Redru para uns adestramentos coa selección española sub-19 do 30 de marzo ao 1 de abril. Estas sesións servirán para preparar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa do mes de abril.
Completa a xornada do domingo o encontro entre o Orzán SD Xuvenil e o Victoria CF B, ás 18:00 na Torre, correspondente á 23ª xornada en Primera Autonómica.
Ten descanso o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación e ao Orzán SD Cadete na Liga Galega.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
23ª xornada: BURGOS CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 29 de marzo ás 12:00 na Cidade Deportiva de Castañares
Primera Autonómica
23ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - VICTORIA CF B, o domingo 29 de marzo ás 18:00 na Torre (campo 1)
Liga Galega infantil
Fase polo Título, 1ª xornada: UD MOS 1 - ORZÁN SD INFANTIL A 1 (Daniela Mingo)
Grupo 1º Plata, 1ª xornada: VICTORIA CF 7 - ORZÁN SD INFANTIL B 0
