RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Convertamos ABANCA-RIAZOR nun fortín contra o Córdoba CF e se non podes vir, libera o teu asento

Este martes 29 de marzo non é un día calquera. Xogámonos moito ante o Córdoba CF ás 20:00 horas en ABANCA-RIAZOR. E cada detalle conta. O ambiente pode marcar a diferenza.

Por iso, se non podes vir ao partido, hai algo moi importante que si podes facer: liberar o teu asento picando nesta ligazón.

Ese xesto, que parece pequeno, pode converterse nun empuxón enorme para o equipo. 

Cada sitio ocupado é unha voz máis, un aplauso máis, unha presión máis que sente o rival.

Convertamos ABANCA-RIAZOR nunha auténtica caldeira, desas que apertan, que empuxan e que levan polo aire aos nosos. Que non quede nin un asento baleiro, que se note desde o primeiro minuto que este partido o xogamos todos, dentro e fóra do campo.

Se ti non podes estar, deixa que outro deportivista o viva por ti. Porque o Dépor necesítanos a todos.

O martes, máis que nunca, encher ABANCA-RIAZOR e levemos ao equipo polo aire!

Tamén están á venda as entradas para os partidos en ABANCA-RIAZOR do martes 31 de marzo e tamén do sábado 4 de abril ás 18:30 fronte ao Málaga CF (34ª xornada).

Pódense adquirir en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario: o luns 30 e o mércores 1 de abril de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00.

Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.