RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Os socios e socias deben retirar a súa entrada gratuíta e obrigatoria para o Fabril - UD Ourense que se xogará o domingo 12 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR

O partido entre o Fabril e o UD Ourense correspondente á 31ª xornada en Segunda Federación xogarase o domingo 12 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR.

Os socios e socias xa poden retirar a súa entrada gratuíta e obrigatoria a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin.

Abriranse en principio as bancadas de Preferencia Inferior e Marathón Inferior.

A medida que se vaian esgotando habilitarase a continuación Preferencia Superior.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.