RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Á venda as entradas para os partidos en ABANCA-RIAZOR ante o Córdoba CF o martes 31 de marzo e ante o Málaga CF o sábado 4 de abril

Xa están á venda as entradas para os partidos en ABANCA-RIAZOR do martes 31 de marzo ás 20:00 fronte ao Córdoba CF (33ª xornada) e do sábado 4 de abril ás 18:30 fronte ao Málaga CF (34ª xornada).

Pódense adquirir en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres de 9:15 a 14:00.

Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.