RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Nova sesión de adestramento para Os Nosos no Dépor Training Center "nun momento importante, un momento bonito"

Sen apenas horas de descanso, o Dépor completou este domingo 29 de marzo unha nova sesión de adestramento no Dépor Training Center.

Como afirmou Arnau Comas ante os medios de comunicación, o vestiario é consciente de que "é un momento importante".

Con 2 partidos por diante consecutivos en ABANCA-RIAZOR, o primeiro deles este martes 31 de marzo ás 20:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) ante o Córdoba CF, o central catalán pide "seguir con estas mesmas sensacións, que ANOSAFORZA estea connosco, que é un momento importante, un momento bonito. Temos que gozar, traballar como os que máis e tentar sumar os máximos puntos posibles".

Os titulares este sábado 28 no Estadio de El Molinón Enrique Castro 'Quini' tiveron tarefas de recuperación física principalmente no ximnasio e na sala de fisioterapia.

A eles uniuse Lucas Noubi, que regresou da concentración de Bélxica Sub-21 despois de xogar este venres 27 fronte a Austria os 90 minutos dun partido de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

Para os demais membros do cadro, ademais do fabrilista Noé, houbo unha activación con roda de pases, un xogo de posición, un exercicio de finalizacións e fútbol reducido.

Están con adestramento personalizado David Mella e Villares, este á espera de saber o alcance das molestias sufridas no seu ombreiro danado onte na primeira parte do encontro ante o Sporting de Gijón.

Este luns 30 de marzo Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 17:00 horas.