RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos adéstranse este domingo 29 ás 12:30 no Dépor Training Center xa coa vista posta no Córdoba CF

Concluído o encontro no Estadio de El Molinón - Enrique Castro 'Quini', cuxo resumo podes ver ao pé a noticia, Os Nosos adéstranse de novo este domingo 29 de marzo ás 12:30 no Dépor Training Center.

A próxima cita en LaLiga Hypermotion para o Dépor será este martes 31 de marzo ás 20:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR ante o Córdoba CF.

Antonio Hidalgo manifestou ante os medios de comunicación que "en canto a recuperacións pouco podes facer. O táctico telo que traballar moito máis en pizarra, moito máis estático. E recuperar á xente, tentar ver aos futbolistas que poidan ser capaces de repetir máis esforzos, e ver os que poidan ter molestias e non arriscar demasiado".