RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O vestiario branquiazul está satisfeito co punto sumado, que "hai que facelo bo o martes en ABANCA-RIAZOR"

Dani Barcia, autor do gol do empate, e Arnau Comas pasáronse pola zona mixta do Estadio de El Molinón - Enrique Castro 'Quini'.

O central coruñés cre que "o partido empezou mal co 1-0 pero logo dominamos bastante ben, seguimos nesa liña e mesmo na segunda parte merecemos os 3 puntos. Un punto non está mal do todo neste campo e hai que facelo bo o martes", en referencia ao choque ante o Córdoba CF ás 20:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR.

Titular ante o Sporting, mostrouse "moi contento por seguir sumando minutos. O meu plan téñoo moi claro. Teño que seguir traballando cada semana para axudar ao equipo. Quedan 10 partidos e teño que axudar, sexa no banco ou no campo".

Admite que na primeira parte "faltounos un pouco de ritmo e na segunda apertamos máis, démoslle máis ritmo ao balón e puidemos levarnos os 3 puntos".

Dani Barcia subliña que após o descanso "tivemos todas as ocasións. É certo que o 1-1 é tardío pero seguimos tentando a ver se caía o segundo. Esta vez non caeu pero estou moi contento co punto".

Pola súa banda, Arnau Comas coincide co seu compañeiro no centro da zaga e sostén que "sumar sempre é bo. Quedo coas sensacións, que é o máis importante. Creo que fixemos un partido moi sólido, un gran partido. Ao final é 1 punto. Sempre queres sumar os 3, e máis nestes momentos que estás aí arriba e non queda moito; pero 1 punto fóra sempre é bo".

Resalta que "ANOSAFORZA aquí foi unha pasada" e insiste nas sensacións, "que son moi boas. É importante telas porque o martes temos outro".

O central catalán viu "unha primeira parte máis disputada. Eles despois do gol estiveron ben pero en xeral dominamos, tivemos máis ocasións, sobre todo na segunda, que remamos. Tivemos a sorte do gol do empate. Queriamos un pouco máis, deuse así e facelo bo o martes en ABANCA-RIAZOR".