O Dépor ABANCA, este martes 31 de marzo con traballo complementario para lesionadas e futbolistas con adestramento específico, regresa este mércores 1 de abril aos adestramentos de cara á próxima cita ligueira, este domingo 5 de abril ás 12:00 (Dazn, GOL, TEN e TVG) na Cidade Deportiva Alcalá de Henares ante o Atlético de Madrid.
Os resultados da última xornada, co triunfo en ABANCA-RIAZOR ante a SD Eibar, deixaron ás Nosas con 26 puntos na 12ª posición.
Fran Alonso explicou que após o partido ante o conxunto colchoneiro, no que haberá un novo parón, "imos ter un amigable. Cremos que 2 semanas sen competición pódenos pasar factura".
Pero o técnico deportivista advirte que antes, en Alcalá de Henares este domingo 5, "imos xogar contra outro equipo que está nesa loita polos postos Champions. Están un pouco descolgadas aínda que aínda con opcións".
Por este motivo considéraas "favoritas" no encontro pero "a nós eses partidos gústannos porque non temos nada que perder, podemos ser valentes e tentar impor o noso fútbol".
Espera Fran Alonso "poder facer un mellor partido do que fixemos hoxe (en referencia á SD Eibar) e que podamos facer gozar máis á xente. O cadro e a calidade do equipo dá para un pouco máis".
Están previstas 4 sesións matinais no Dépor Training Center antes de viaxar a Madrid, con esta planificación:
Mércores 1 de abril
10:45 h.
Xoves 2 de abril
10:45 h.
Venres 3 de abril
10:45 h.
Sábado 4 de abril
10:45 h.
Domingo 5 de abril
12:00: Atlético de Madrid - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva Alcalá de Henares
