Fran Alonso asegurou na sala de prensa do Dépor Training Center que "o obxectivo prioritario número un que era non sufrir, asentar ao equipo en Liga F, está preto. Non está conseguido pero está preto. Queremos que se logre canto antes. E unha vez que se logre, somos un equipo que o constante crecemento forma parte do noso ADN. Porémonos un novo obxectivo".
O técnico do Dépor ABANCA eloxia "a fortaleza mental ante a SD Eibar (a pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR) porque é un equipo ao que é moi difícil facerlle ocasións, sólido defensivamente. Conceder un gol axiña e ter a fortaleza mental para remontar é o mellor do partido".
Do Atlético de Madrid, rival este domingo 5 de abril ás 12:00 (Dazn, GOL, TEN e TVG) na Cidade Deportiva Alcalá de Henares, advirte que é "moi diferente" en canto a modelo de xogo ao da primeira volta en ABANCA-RIAZOR: "Bastante máis vertical. Deulles moito a volta de Gio, unha xogadora desequilibrante que se perdeu boa parte da temporada por lesión. Agora é moi equipo moi perigoso".
Explica que "se lle queres apertar arriba tes que ter moitísimo coidade coas costas porque son xogadoras moi rápidas, moi desequilibrantes no un contra un. É un rival dificilísimo, sobre todo na súa casa. É certo que non tiveron a consistencia que se predeterminaba. Empezaron moi ben, gañando ao Real Madrid pero as lesións... tamén lles afectou a perda de Gabi, que estaba a facer unha temporada espectacular".
A pesar da entidade do conxunto colchoneiro, "a ilusión témola e o obxectivo, que é a salvación matemática canto antes témolo presente. Imos loitar e dalo todo para conseguilo canto antes".
