Manuel Pablo apuntou na sala de prensa do Dépor Training Center que a ilusión do grupo, despois de varios meses sen coñecer a derrota, xestiónase "dándolle normalidade ao día a día, tentando facer o mesmo traballo que nos trouxo até aquí, tentando non perder máis xogadores e a partir de aí competir, sempre coa nosa identidade, cunha mentalidade sempre positiva sacar as situacións adiante".
Do Burgos CF Promesas, rival este domingo 5 de abril ás 17:00 na Cidade Deportiva de Castañares, advirte que "vén cunha serie positiva porque saben que están nunha situación complicada. Están a apertar como todos os equipos".
Reitera o técnico fabrilista que "é unha liga tan corta que os equipos até o último momento non se desconectan. O Burgos CF Promesas sabe que pasa por gañarnos a nós. Combina moi ben desde atrás, con moito xogo combinativo que lles dá tamén o porteiro".
Ante iso, Manuel Pablo advirte que "temos que tentar xuntarnos, tentar roubar nesa presión e tentar facerlles dano".
Finalmente insiste en que o corpo técnico fabrilista céntrase en que "non decaia o ritmo nos adestramentos, que nos partidos non nos desfondemos, que non vexamos as cousas negativas como un muro; e tentar ser reconocibles, buscar as cousas positivas, e esa ilusión e esas ganas témolas que ver tamén polo lado positivo".
