RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

A deportivista Antía Veiga arrinca este domingo o Mundial sub-17 ante Colombia

-Foto:@https://x.com/EmbEspanaRabat

 

Antía Veiga (na foto na fila de pé a primeira futbolista empezando pola esquerda) con España sub-17, vixente subcampioa, inicia este domingo 19 de outubro o Campionato do Mundo da categoría que se celebra en Marrocos.

O primeiro rival na fase de grupos será Colombia nun encontro que comezará ás 20:00 horas no Football Academy Mohammed VI de Rabat.

En 4 ocasións víronse as caras ambas as seleccións nunha cita mundialista. O balance é claramente favorable a España, con 3 vitorias e 1 empate; e con 5 goles a favor e 2 en contra.

A canteirá branquiazul, que xa está en Marrocos, e o resto do equipo nacional visitaron estes días a embaixada española, onde foron recibidas polo embaixador español Enrique Ojeda Vila.

O calendario de España sub-17 é o seguinte:

Domingo 19 de outubro
20:00: ESPAÑA - COLOMBIA, no Football Academy Mohammed VI Rabat

Mércores 22 de outubro
14:00: ESPAÑA - REPÚBLICA DE COREA, no Football Academy Mohammed VI Rabat

Sábado 25 de outubro
14:00: COSTA DO MARFIL - ESPAÑA, no Football Academy Mohammed VI Rabat

Antía Veiga, que acaba de renovar o seu contrato até 2028, leva até a data 3 partidos xogados como titular no Deportivo ABANCA B de Segunda Federación.