RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Marina Artero: "Repetir este ano aquí é dar un paso cara a adiante"

Marina Artero Moreno (Barrika, Biscaia, 14 de outubro de 2005), coñecida futbolísticamente como Marina Artero, foi presentada este mediodía como xogadora do Dépor ABANCA para a temporada 2025-26, cedida polo Athletic Club por segunda temporada consecutiva.

Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, subliñou que ten unha traxectoria "para a súa curta idade impresionante. É campioa do mundo sub-17, subcampioa de Europa sub-19. Pasou por todas as categorías de base da selección española. Creceu moito desde que chegou aquí. Está no seu mellor nivel neste inicio de temporada. Vainos a axudar por isto e pola súa polivalencia. Pode actuar en diferentes posicións".

Ademais lembra que ten "un nivel humano incrible, suma moitísimo ao grupo, adestra todos os días ao 200%. Ten fame e experiencia en competicións importantes".

Pola súa banda, Marina Artero admite que a temporada pasada "entre que estiven moito coa selección, cheguei tarde, custoume un pouco adaptarme e sufrín bastantes lesións non tiven a continuidade que me gustou. Repetir este ano aquí é dar un paso cara a adiante".

A defensora deportivista ve ao Dépor ABANCA "ben, con moitas ganas. As novas incorporacións están a sumar moito".

A nivel persoal sente "ben fisicamente, mentalmente. Cheguei ben, con confianza; e véxome ben, segura e con ganas xa de que empece a liga".

Marina Artero explica que esta pretemporada "estamos a traballar con varios sistemas porque os rivais xogan e temos que saber adaptarnos no momento. É verdade que estamos a dar un paso adiante a nivel físico porque o ano pasado caïamos ao final. Está a verse nos partidos de pretemporada que tentamos cambiar o sistema, adaptarnos, probar. E estamos moi contentas por iso".