RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jaime será sometido a probas médicas nos próximos días

Jaime Sánchez, que tivo que ser substituído na segunda metade do partido en San Sebastián de los Reyes, será sometido a probas médicas nos próximos días a cargo dos Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño.

Preguntado polo central na sala de prensa, Óscar Cano apuntou que "tivo unha molestia no Aquiles e imos ver como está. El foi moi honrado porque di que podería seguir, pero é verdade que as as carreiras ás súas costas estaban a custarlle. Eses xiros, esas arrancadas estaban a custarlle".