RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jaime subliña que "seguimos sendo os mesmos" e Héctor pide "que ninguén dubide deste equipo"

Dous dos xogadores con máis experiencia do vestiario branquiazul, Jaime e Héctor, atenderon aos medios de comunicación finalizado o encontro ante a SD Logroñés en Las Gaunas.

O central andaluz admite que o gol rioxano "é unha das accións que hai que corrixir. Fixemos un bo partido pero hai que estar máis concentrados neste tipo de xogadas".

Insiste en que a pesar destes dous malos resultados, "seguimos sendo os mesmos, creando ocasións. Pero agora non están a entrar; e é verdade que en erros de concentración estamos a saír prexudicados".

Jaime afirma non obstante que "non hai tempo para lamentarse. Hai que corrixir erros, descansar e preparar o partido do Racing que é moi importante. O equipo vai tentar sacar os tres puntos e desde xa estamos a pensar nese partido".

Pola súa banda, Héctor opina que "o partido non merecemos perdelo pero nun descoido nunha xogada a balón parado fannos un gol. É momento de estar todos xuntos. Agora mesmo é cando máis necesitamos a #ANOSAFORZA. Faise notar cada fin de semana pero agora é cando máis a necesitamos. Que ninguén dubide deste equipo".

O carrileiro zurdo deportivista advirte que "temos moitas ganas" do partido ante o Racing de Santander este mércores 16 de febreiro en ABANCA-RIAZOR (20:30 horas, Footters) "pola expectación que se creou ao redor dese partido, o adiamento... O positivo desta semana é que após esta derrota temos un partido o mércores. Hoxe é un día fodido, unha viaxe fodida para a expedición, para #ANOSAFORZA".

Héctor subliña que "na primeira parte merecemos levar algún gol a favor pero agora estamos nese momento que nos dan ao pau. Antes metiámolas. Todos os equipos pasan por un mal momento, unha mala dinámica. É momento de estar todos xuntiños e que ninguén dubide deste equipo. É momento de confiar en nós, todos xuntos e darnos todos moito agarimo".