RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

José Luis Martí: "Non imos baixar os brazos. Todo o contrario"

José Luis Martí manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que cre "nestes futbolistas porque mo demostran día a día. Eles son os primeiros que queren conseguir os 3 puntos hoxe. Non foi posible. A partir de aí non queda outra que empezar a traballar, corrixir os erros que se cometeron para tentar mellorar e o venres seguinte estar preparados para volver competir".

O técnico deportivista explica que "durante a semana ensináronme (os xogadores) o gran potencial que teñen. Para os afeccionados, para o Deportivo, o único potencial que debemos demostrar é o feito de gañar. Non queda outra. A partir de aí este partido dóenos, amólanos moito a todos. Pero hai que traballar o seguinte encontro, repoñer estas forzas, corrixir os erros, tentar buscar outras alternativas".

Insiste en que "non imos baixar os brazos. Todo o contrario. Nestas situacións é cando o equipo ten que esixirse máis. Eu o primeiro. Ser capaz de convencerlles de que todo é posible, de que temos que chegar ao venres nas mellores condicións posibles para competir, para volver gañar, para engancharnos, para volver estar mirando onde todos os afeccionados queren".

Pola súa banda, Manu Mosquera, técnico do Extremadura UD, subliñou que "desde o minuto 1 fomos superiores. Pechamos todo o bo que ten o Dépor. Fixemos que xogadores tan bos xogasen pouco, a contragusto. Iso é froito destes xogadores que teño, que son uns auténticos cracks. Merécense todos os eloxios".