RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lassad e Valerón levan a Riazor á éxtase copeira

Deportivo e Xirona disputaron un bonito partido copeiro (5-1) esta noite en Riazor, ante uns 20.000 entregados deportivistas que acabaron mesmo facendo a onda na bancada ante o festival branquiazul final. Oltra fixo debutar en competición oficial

Adiantouse pronto o Xirona, ao aproveitar un desaxuste na inédita defensa branquiazul. Dani Neto, moi veloz, gañoulle a partida a Rochela e cruzou a pelota lonxe do alcance de Lux. O Dépor non acusou o golpe e comezou a crear perigo, cun Salomao moi activo e con Alex como director de orquestra. Empatou Lassad tras un bo centro desde a dereita de Saul, que combinou ben con Laure.

As ocasións sucedíanse en ambas as portarías. Tanto Lux nunha área como o ex deportivista Dani Mallo na outra tiveron que traballar de xeito abondo. Un tiro ao pau de Alex e dúas boas accións de Salomao, nunha delas regateou a varios futbolistas e lanzou fose cando a bancada se cantaba o gol, facían curto o 1-1 no marcador co que se chegou ao descanso.

A segunda metade de novo empezou cun Xirona moi vertical. Ión Vélez desaproveitou un man a man con Lux. Foi o principio do fin para o equipo catalán. Oltra sacou a Valerón e, nada máis pisar o céspede, o canario mete un gran pase a Lassad, que anota o segundo. A bancada estalaba de alegría. E o equipo contaxiouse e liberou a súa tensión. Tamén dos pés de Valerón nacía o terceiro, de novo obra de Lassad. O dianteiro franco-tunisiano anotaba o seu primeiro hat trick no primeiro equipo en partido oficial.

O Xirona, desaparecido xa do terreo de xogo, encaixou o cuarto, en propia meta aínda que Lassad tamén estaba na xogada; e o quinto, obra de Salomao, que viu así recompensado o seu gran esforzo e a súa progresión.

O Dépor pasa á terceira rolda de Copa, cuxo sorteo será o próximo 15 de setembro na Federación Española de Fútbol.

Deportivo: Lux; Laure, Rochela, Aythami, Ayoze; Alex Bergantiños, Juan Domínguez (Valerón, m. 63); Saúl (Gardado, m. 72), Juan Carlos, Salomao; e Lassad (Bodipo, m. 82).

Xirona:
Dani Mallo; José Cervera, Richy, Migue, David García; Jandro (Tébar; m. 60), Juanlu Hens, Dorca, Dani Neto (Moha; m. 72); Ión Vélez (Benja; m. 72) e Gorka Saizar.

Goles:
0-1; min.4: Dani Neto; 1-1; m. 11: Lassad; 2-1, m. 65: Lassad; 3-1, m. 70: Lassad; 4-1, m. 74: José Cervera, en propia meta; 5-1, m. 80: Salomao.

Árbitro:
Piñeiro Crespo, do colexio asturiano. Mostrou amarela a Laure, por parte do Deportivo.