RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Letti Sevilla, nova xogadora do Dépor ABANCA 22-23

Leticia Sevilla Bulfoni (Barcelona, 30 de xuño de 1997) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA por unha temporada.

Letti procede do FC Levante Las Planas, equipo que a pasada temporada logrou a primeira praza do grupo Norte de Reto Iberdrola e logrou o ascenso á máxima categoría. A centrocampista barcelonesa foi unha peza crave no conxunto de Sant Joan Despí, pois xogou 29 dos 30 encontros do campionato, todos como titular. Ademais, marcou 4 goles.

Formada no CE Sant Gabriel, Letti foi fichada polo RCD Espanyol na Temporada 2015-2016. Co conxunto branquiazul xogou seis temporadas na máxima categoría nacional até a súa saída no verán de 2021. A volante catalá, que durante catro dos seus seis anos no RCD Espanyol compartiu vestiario coa central deportivista Inés Altamira, totaliza 132 partidos e 6 goles na división de honra nacional.

Letti súmase ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García, Patri López, Aroa e Carlota Sánchez, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor, e as fichaxes de Carlota Suárez, Millene Cabral, Marta Charle e Yohana.