RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina asegura que o equipo ten que mellorar o seu xogo con balón

Miguel Ángel Lotina confesó esta mañana en rolda de prensa celebrada no Mundo do Fútbol estar "preocupado" porque ao equipo cústalle xogar ao fútbol cando ten a pelota: "Sentimos cómodos defendendo

Indicou que valorará ao longo dos adestramentos da semana se Urreta será titular o vindeiro luns fronte ao Hércules. O internacional uruguaio disputou o últimos nove minutos do partido do pasado domingo en Santander ante o Racing.

Definiu ao Hércules como un equipo "perigoso" , á vez que destacou  aos seus dous dianteiros (Trezeguet e Valdez) e ao madridista Drenthe. Aproveitou ademais a ocasión para expresar publicamente a queixa do Club polo día fixado para o partido, o luns, por terceira vez esta tempada: "Xa está ben que sexamos nós os que xoguemos sempre os luns. Esta vez é ponte, pero fai moito dano aos afeccionados este día. A xente dos pobos non pode vir".

Ademais, manifestou que o corpo técnico está a valorar deixar permiso aos futbolistas americanos xusto despois do último partido de Liga para que viaxen aos seus países. Por conseguinte, non estarían no partido de Copa do Rei en Córdoba previsto para o mércores 22. "Hai que ter en conta que ademais de futbolistas son persoas. Eu prefiro que se marchen antes e telos aquí o día 28, porque nos espera ademais un mes de xaneiro complicado", razoou.