RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina lembra que o Deportivo está ''en período de formación''

Miguel Ángel Lotina explicó que os cambios que poida haber mañana domingo en Montjuic na alineación do Deportivo están motivados fundamentalmente pola carga de partidos: "Vai ser o terceiro partido nunha semana e so

O adestrador deportivista insistiu ante os medios de comunicación que o equipo "está en período de formación. Pero temos xente de calidade e con ganas de traballar".

Despois de indicar que o central Adrián López ten opcións de entrar no once, Lotina desvelou que "cando cheguei ao Deportivo xa me falaron deste mozo. Esta semana estivo a falar con Perico Ramallo (técnico do Deportivo B) que é o que mellor o coñece. É un central serio e bo marcador", opina.

Adrián López "Piscu" afirmou en rolda de prensa que "As Pontes (o seu pobo natal) é deportivista", facendo referencia a que mañá domingo estarán moi pendentes do partido en Montjuic. Así mesmo, o capitán Manuel Pablo referiuse ao comunicado que Sergio emitiu onte en Canaldeportivo.com: "Explicounos o que quixo dicir. Ás veces non mides ben as túas palabras e iso pasoulle. Pero de todos os xeitos el xa se desculpou, nós apoiámoslle e estou seguro que o que primeiro quere que a afección apoie é el", concluíu o lateral grancanario.